A Estrada xa foi dada de alta na Plataforma de Contratación do Estado

                         O luns cerrará o pliego do proxecto de reforma e ampliación da alameda

 

 

O goberno local celebrou esta mañá outra reunión para finalizar o pliego da reforma e ampliación da alameda. Será o primeiro pliego que sacarán coa nova Lei de Contratos do Sector Público, sendo A Estrada unha das primeiras administracións que liciten unha obra coa nova lei.

 

“Isto implica que teñamos que elaborar un pliego desde cero e é un proceso complexo e levan traballando nisto un mes e hoxe foi a última reunión para finalizar todos os aspectos, na que estiveron presentes Secretaría,  Intervención e técnicos municipais”, indica o alcalde, José López. Están elaborando un pliego tipo que permitirá licitar case todas as obras usando este mesmo modelo, adaptándose a cada actuación. Tamén, crearán un pliego específico para a contratación de servizos.

 

O rexedor indica que coa nova lei cambiaron os rangos de licitación e desde 80.000 euros a dous millóns de euros hai que seguir o mesmo procedemento. O alcalde considera que este pliego estea cerrado o luns e ese mesmo día, ás 20.30 horas, celebrarán unha comisión informativa de Urbanismo para explicarlles de primeira man o proxecto aos grupos da oposición. E tras un período de análise e debate, o rexedor cre que o proxecto se licitará este mesmo mes.

 

Por outra banda, López comunicou que “hoxe déronos de alta, que era un dos condicionantes que tiñamos, na Plataforma de Contratos do Estado, porque unha das cuestións que establece a Lei de Contratos é que non vai haber publicacións de licitacións nos boletíns e nos diarios oficiais, senón que a partir de agora toda publicación será telemática”. Este procedemento está sendo moi demandado por todas as administracións.

 

Todo o proxecto da ampliación e reforma dos xardíns municipais xa se pode consultar na páxina web da Edusi http://aess2020.gal/

 

O proceso de adxudicación tardará sobre un mes e o prazo estimado de execución da obra é de seis meses polo que estará rematada a principios de ano.

 

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta