– Cales son os gastos da nova gardería que vai ter que afrontar o Concello.
– A xestión da Escola Municipal pendente de licitación.
A convivencia de 2 escolas infantís, unha da Xunta e a outra municipal, fai necesaria unha labor de coordinación e análise de certos temas para un mellor aproveitamento por parte das familias.
En vista de como transcorreu o procedemento de solicitude de prazas e como se están a desenvolver as obras, na mañá de hoxe os socialistas da estrada reunímonos coa Concelleira de Benestar para plantexar unha serie de inquedanzas que deben ser resoltas.
Puxemos encima da mesa a necesidade de analizar o procedemento de solicitude de prazas, de revisión das duplicidades e preferencias familiares, así como relativas á diferencia de horarios. Así mesmo, cremos que hai que debater os termos de pagamento municipal con respecto á escola da Xunta Galiña Azul, definindo responsabilidades. O terceiro tema que nos preocupa especialmente é a falta de licitación da xestión da Escola Municipal.
Por todos estes motivos entendemos a necesidade de convocar comisións de traballo para adoptar as necesarias decisións. Agardamos unha pronta convocatoria.
Grupo Municipal Socialista






































