A Estrada empregará como paradas de autobús algunhas das zonas amarelas da N-640

A proposta do goberno local da Estrada recibiu hoxe o visto bo de Fomento para empregar as zonas amarelas pintadas recentemente para a protección dos pasos de peóns como paradas de autobús, segundo informou hoxe o alcalde da localidade, José López Campos.

Debido ao debate xerado polo pintado destas zonas e a perda de prazas de aparcamento que provocou, o goberno local propuxo esta medida que foi aceptada por Fomento e que implicará a retirada dos bolardos instalados para que o autobús poda facer as súas paradas para recollida de viaxeiros e evitar deste xeito emprazala ao outro lado do paso de peóns provocando a perda de máis espazo para estacionar.

As paradas de autobús serán debidamente sinalizadas, tanto con elementos de sinalización vertical como horizontal e o estacionamento para outro tipo de vehículos nas zonas pintadas en zigzag seguirá estando prohibido no resto dos casos. Ademais instalaranse as marquesiñas nas respectivas paradas unha vez que sexa adxudicado o contrato.

Un par de marquesiñas se instalarán na Avenida de Benito Vigo coa Rúa Álvarez Insua; unha en cada parada no seu respectivo sentido da marcha. Tamén se pretende habilitar máis zonas de carga e descarga como a que existe fronte ao Concello na zona do edificio do rexistro da propiedade, na Baiuca e nas inmediacións do Bar Estación.

Nesta última área tamén se pretende retirar os bolardos instalados, xa que quedan prazas de aparcamento inhabilitadas que non dificultan a visibilidade dos peóns que cruzan polos pasos. Nesa área os vehículos estacionan en batería e unha vez posicionados non invaden a zona delimitada con pintura amarela que prohibe o estacionamento, polo que, mentres non rebasen o trazado en zigzag, poderían estacionar.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta