Os centros educativos e o Concello da Estrada emprenden unha campaña solidaria a favor de Cáritas

Con motivo da programación do musical Naviland, el lugar donde viven los Reyes Magos  no Teatro Principal da Estrada o vindeiro día 2 de decembro, os CEIP e as Escolas infantís da vila, en colaboración coas concellerías de Educación e de Cultura do  Concello da Estrada, a asociación Cáritas Parroquial e a produtora Sketch Eventos, pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de xoguetes co título Sorrisos por un xoguete para os nenos estradenses máis desfavorecidos.

 

Este musical, é unha superprodución baseada na historia dos Reis Magos, cunha escenografía de gran formato e a adaptación de coñecidas panxoliñas. Unha obra que incide nos valores de compartir con aqueles que menos teñen, no respecto aos maiores e na necesidade de vivir as festas navideñas en familia, prescindindo de actitudes consumistas.

 

A dita campaña consistirá no sorteo de 50 convites (5 por centro) para asistir a este espectáculo navideño entre todos aqueles nenos que doen un xoguete, en bo estado de uso, á asociación Cáritas Parroquial A Estrada. Os xoguetes serán depositados nos respectivos centros educativos da Estrada e entregados nun acto público, que terá lugar o 29 deste mes, a dita entidade.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta