COMUNICADO

De xeito complementario ás directrices marcadas polo Goberno para o desconfinamento parcial dos menores de 14 anos, o Concello da Estrada anuncia unha serie de recomendacións que teñen por obxecto velar pola seguridade dos viandantes desconxestionando as zonas de paseo.

 

O Goberno Central estipula que, dende este domingo día 26, os menores de 14 anos poderán saír das súas casas para pasear, atendendo aos seguintes criterios:

 

  • Os menores só poderán dar un paseo ao día e, como máximo, dunha hora de duración, entre as 9 e as 21 horas, evitando alonxarse máis de 1 km do seu domicilio.
  • Deberán estar acompañados en todo momento dun adulto co que convivan, o cal poderá acompañar ata un máximo de tres nenos á vez.
  • Deben respectarse as medidas de distanciamento social con outros nenos e adultos, segundo establecen as autoridades sanitarias.
  • Estaralles permitido correr, saltar e facer exercicio; sempre e cando respecten as medidas de distanciamento social.
  • Poden saír do domicilio cos seus propios xoguetes, pero non poderán facer uso de parques nin de xogos infantís comúns.
  • Na contorna rural poderase saír a pasear ao campo, respectando igualmente as medidas de distanciamento social

           

Pola súa banda, o Concello da Estrada  promove as seguintes recomendacións:

 

  • As zonas de xogo dos parques infantís estarán precintadas ata que se indique o contrario. Así se fará na Alameda municipal, no parque da Avenida de Santiago e no da Praza do Mercado.

 

  • A Proposta mínima entre viandantes será de 2 m. Ao igual que fan os vehículos, os peóns deben utilizar unha beirarrúa para un sentido da marcha e a beirarrúa contraria para o sentido da marcha en dirección oposta.

 

  • Débense establecer zonas de paseo seguro, tratando de evitar o contacto con outros peóns durante eses paseos diarios. Preferiblemente, seleccionando zonas de paseo con amplas beirarrúas á menor distancia posible do domicilio, evitando, na medida do posible, rúas céntricas que poidan provocar unha maior concentración de peóns.

 

  • Deste xeito e seguindo as anteriores premisas, recomendamos catro zonas para o paseo con menores de 14 anos:

 

1.- Para os residentes nas zonas da contorna da Avenida de Santiago e Figueiroa poden utilizar a Avenida da Cultura e a Zona Deportiva ata a carballeira municipal

2.- Para os residentes nas zonas da contorna dende a Rúa Calvo Sotelo ata a Avenida de América, poden utilizar a Rúa Antón Losada Diéguez, Rúa 25 de xullo e Praza da Feira

3.- Para os residentes nas zonas da contorna da parte alta da Avenida de Benito Vigo e Avenida de
Pontevedra, poden utilizar a parte final da propia Avenida de Pontevedra cara á saída da vila

4.- Para os residentes nas zonas da contorna da Avenida Fernando Conde e a parte baixa da Avenida de Vigo, poden utilizar a propia Avenida de Vigo, así como a área da Baiuca ou a Estación de Autobuses.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta