O Festival de cine de terror PANIC convoca os seus concursos de curtas e fotos de terror

Con motivo do inicio do Festival de cine de terror Panic o próximo 15 de
xaneiro, o Concello da Estrada e a Escola Municipal de Artes Escénicas da
vila, convocan os concursos de curtametraxes e fotografía de terror Panic
O concurso de curtametraxes, que contará cun premio de 300,00€, esixe que
os traballos teñan unha duración máxima de 20 min de duración, incluídos os
títulos de crédito. Ademais terán unha temática baseada no terror ou no
misterio, e estarán realizados en lingua galega ou subtitulados á dita lingua.
Pola súa banda, o concurso de fotografía conta con dúas modalidades. A
primeira dirixida ao alumnado dos IES, cunha contía de 150,00 repartida en
dous premios de 100,00 e 50,00 €, respectivamente. A modalidade de
adultos estará aberta a todo o público, e contará cun premio único de
150,00€. Cada participante poderá concursar cun máximo de tres fotografías.
Tamén deberán estar tematizadas no ámbito do terror e do misterio.
Todos os interesados en participar nalgún dos dous certames poderán
consultar as bases dos concursos nas web www.panic.aestrada.com e
www.aestrada.org que estarán dispoñibles a partir deste mércores 4 de
novembro.
As fotografías e curtas finalistas serán visionadas en pantalla grande durante
a Gala final do festival que terá lugar o 5 de febreiro ás 23.30 h en Minicines
Central, gala na que se lle entregará o premio á curta e ás fotografías
gañadoras de cada modalidade. O prazo de entrega de orixinais finalizará o
31 de xaneiro.
A mediados de decembro presentarase a programación completa da nova
edición do festival.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta