A Xunta pecha a hostalería e as actividades non esenciais en A Estrada e outros 59 concellos

 

Así o acaba de anunciar o presidente do Goberno galego nunha rolda de prensa para dar conta das medidas acordadas onte polo Comité Clínico, que pola noite xa avanzara que mantiña o peche perimetral e a limitación de reunirse só coa xente coa que se convive.

As novas restricións entrarán en vigor ás 15:00 horas do venres e manteranse en principio durante un mes.

Segundo explicou Alberto Núñez Feijóo, o peche da hostalería e a realización de actividades só esenciais (o comercio continuará aberto) afecta A Estrada xunto a outros 59 concellos, entre eles as grandes cidades galegas e municipios veciños como Silleda e Lalín.

De momento avanzou que non haberá limitacións para ir ao traballo, colexios, atención a persoas dependentes ou por motivos de saúde, así como para realizar compras. Si se poderá practicar deporte, aínda que só de forma individual.


Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta