PSOE e Podemos boicotean a Variante da Estrada

Susana Camba: «A este boicot tamén temos que sumar a incompetencia e falta de liderado dun alcalde, que é incapaz de mover un dedo polos intereses do noso concello»

 «A Variante da Estrada terá que agardar a termos un goberno central máis receptivo coas demandas dos veciños e veciñas do noso concello», afirma a concelleira do BNG, Susana Camba. «PSOE e Podemos rexeitaron cos seus votos as emendas do BNG para a Variante da Estrada», engade, «así como a mellora do enlace coa AP-53 no Alto da Rocha e o enlace con Guimarei, Cereixo e Vinseiro».

«Mais isto non é un boicot o BNG, é un boicot aos veciños e veciñas da Estrada por parte de PSOE e Podemos», afirma a concelleira. «E a este boicot tamén temos que sumar a incompetencia e falta de liderado dun alcalde, que é incapaz de mover un dedo polos intereses do noso concello, dá igual que sexan gobernos amigos como inimigos», engade.

Temos que recordar que o BNG presentou unha emenda que multiplicaba por 100 o orzamentado polo goberno central, «o que de aprobarse daríalle un impulso importante», afirma Susana Camba, «mais en Madrid, dá igual quen estea, tanto ten PSOE-Podemos, como PP, o goberno central é insensíbel ás demandas dos veciños e veciñas».

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta