No día de hoxe puidemos voltar a desfrutar do tradicional mércores de feira ca praza que lle da nome cuberta dunha centena de postos habituais tanto de alimentación, prantas, mobiliario para o fogar, textil ou calzado. Ademáis voltaron ó traballo as polberías nas que, mantendo as distancias entre as mesas e co límite de grupos de 6 persoas, voltaron a servir as racións de pulpo e churrasco nas súas carpas.
Todos os postos, xunto cas polberías estarán convocados para as feiras extraordinarias do 24 e 31 de decembro, na que buscarán animar as compras de Nadal, xunto ca hostalería local nestes días festivos e sinalados do ano.
Así continuaremos de agora en diante sempre que as restriccións sanitarias o permitan, pero como asegurou no día de hoxe o Concelleiro titular na materia, Gonzalo Louzao, contamos con marxe de espazo a partir de agora xa que a trintena de postos que se procederon a dar de baixa por non asistir regularmente ó mercado non se van a cubrir de momento para así asegurar a distancia entre postos esixida durante as etapas de máximas restriccións nesta pandemia.
Tamén o Novo Mercado se visteu de gala para estas datas. Así pois as Concellarías de Promoción Económica e Mercados apostando por dinamizar a Praza e referenciala como o punto local municipal de ventas do producto local, de cercanía e de calidade procederon á instalación de unha iluminación tanto exterior como interior do edificio para animar as ventas nestas datas decisivas.




























































