O XORNALISTA PEDRO RIELO RECIBE NA ESTRADA O XXV PREMIO XORNALÍSTICO REIMÓNDEZ PORTELA


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao mediodía no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada no acto de entrega do XXV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela a Pedro Rielo Lamela. O xornalista e escritor recibe o galardón, destacado no ámbito dos premios que recoñecen a promoción do uso do galego en diferentes ámbitos, pola serie
de cinco artigos publicados no semanario do Diario de Pontevedra que inclúen os textos A xeito de mensaxe aventado, O bosque: espello de algoritmos, Unha lingua de bandeira, Os invencibles amores do cuco e Festina lente no tempo adiado.
García Gómez lembrou na súa intervención “que o Reimóndez Portela é un galardón importante, por canto incide na promoción do uso do galego desde o ámbito dos medios decomunicación e dos seus profesionais, axentes decisivos na normalización do idioma propio de Galicia e na proxección social, visibilización e presenza do idioma”.
O premio, creado hai 25 anos na memoria do nome do médico, escritor, xornalista, político e presidente da Comisión Redactora do Estatuto de Autonomía de Galicia, Manuel Reimóndez Portela, promóveo o Concello da Estrada coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial de Pontevedra e da Fundación de Exposicións e Congresos estradense.
Participaron no acto, ademais do secretario xeral e do autor, o alcalde estradense, Xosé López Campos; o tenente de alcalde, Juan Constenla; o deputado dos Centros de Investigación da Deputación de Pontevedra, Manuel González Martínez; e o secretario do xurado, José M. Bouzas Blanco.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta