- Volve a campaña de fomento da reciclaxe de envases de plástico latas e briks que se suspendeu en marzo de 2020 por mor do confinamento obrigado pola pandemia.
- O obxectivo deste reto, que se desenvolverá do 1 de febreiro ao 30 de abril, é que cada un dos 15 municipios participantes melloren nun 10% a súa achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks), comparado co mesmo período do ano anterior.
- Superado este reto, cada concello recibirá un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social da súa elección.
- Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro e Cambados son os 15 concellos que participarán nesta segunda edición do Reto.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración con Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases en España, retoman en 15 concellos galegos a campaña de incentivo da reciclaxe “Únete ao reto”, logo de suspendela en 2020 por mor do confinamento.
Unha mellora do 10% e un premio de 2.000 euros.
Este reto, convocado do 1 de febreiro ao 30 de abril, parte dunha premisa moi sinxela: os concellos participantes que melloren, cando menos, nun 10% a súa achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) respecto ao mesmo período do ano pasado, conseguirán un premio dotado con 2.000 euros que terán doar a unha causa social local da súa elección.
Fotos: (esquerda a dereita) Hoxe pola maña durante a presentación da campaña que nesta ocasión foi na Estrada, Bruno de Llano delegado en Galicia de Ecoembes, Sagrario Perez Castellanos Directora Xeral de Calidade Ambiental e Jose Lopez Campos, Aacalde de A Estrada, durante a presentación da campaña e durante a visita posterior ao stand da reciclaxe na feira da Estrada acompañados tamén de Juan Manuel Constenla Carbón, Concelleiro de Medio Ambiente de A Estrada..
Segunda edición, 15 concellos
Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro y Cambados son os 15 concellos que participarán nesta segunda edición do Reto.
A primeira edición, en 2018, convocouse igualmente entre 15 concellos galegos e 10 de estes superaron amplamente os obxectivos establecidos.
Coa colaboración dos concellos para implicar á cidadanía
Para conseguir que os concellos superen o Reto, están programadas unha serie de accións de comunicación coas que preténdese comprometer aos concellos e á cidadanía na mellora das cifras de reciclado de envases de plástico, latas e briks, nos seus respectivos municipios.
É por isto que durante os 3 meses de duración do reto, desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación como son a instalación de contedores amarelos xigantes e stands/colectores, a planificación de intensas campañas en medios de comunicación e redes sociais etc. que teñen como finalidade animar á cidadanía a participar á vez que se lles aprende como reciclar mellor.
En www.uneteaoreto.com atópase toda a información sobre como separar correctamente os residuos e será onde se publiquen os quilos recollidos cada mes de campaña en cada municipio.
Sobre Ecoembes
Ecoembes (www.ecoembes.com) é a entidade sen ánimo de lucro que xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases de plástico, as latas e os briks (contedor amarelo) e os envases de cartón e papel (contedor azul) en toda España.
En 2019, recicláronse máis de 1,5 millóns de toneladas de envases de plástico, latas e briks e envases de cartón en todo o territorio nacional. Grazas a esta porcentaxe, obtivéronse numerosos beneficios ambientais, como evitar a emisión de 1,67 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera ou aforrar 6,36 millóns de MWh. Asemade, aforráronse 20,74 millóns de metros cúbicos de auga.








































