Con motivo do paro das competicións oficiais no ano 2020 motivado pola COVID, AEstradaDeporte deseñou un Plan Local de mellora de infrastruturas deportivas, para executar no último semestre do ano 2020 e no primeiro trimestre do 2021. A finalidade é ofrecerlles un
mellor servizo aos nosos usuarios, mellorando as instalacións e a súa contorna, así como a sinalización das áreas deportivas do Concello da Estrada para os nosos veciños, e para todo aquel cidadán doutras localidades que poida visitarnos.
Os traballos de mantemento de maior calado prodúcense no pavillón Manuel Coto Ferreiro, e veñen motivados pola antigüidade que ten a instalación. A realización de obra civil e melloras céntranse no campo de fútbol Manuel Regueiro.
A reforma do campo de fútbol Manuel Regueiro, consistiu na substitución da superficie de xogo, así como a ampliación dos almacéns, construcción de servizo adaptado para minusválidos, revisión da instalación de fontanería e rego, revisión da instalación eléctrica, traballos de pintura
no exterior e interior de vestiarios e almacens, sinaléctica de todas as dependencias e axuste da rede parabalóns perimetral.
Ampliase esta actuación ca sinalización horizontal e vertical do vial entre as piscinas municipais e o campo de fútbol Manuel Regueiro co pavillón Manuel Coto Ferreiro para reforzar a seguridade vial nunha zona con moito tránsito, tanto de tráfico rodado coma de peóns.
Outra actuación que se levou a cabo foi a sinaléctica de todas as instalacións deportivas municipais, ca colocación dun totem informativo no acceso de cada instalación, así como un mapa ca localización das instalacións que estará visible en cada centro deportivo, todo elo, a
maiores da sinalización xa realizada pola situación do COVID19.
Despois de realizar un estudo de cada unha das instalacións deportivas existentes, expoñendo as diferentes características e actuacións de mantemento realizadas en cada unha delas, aplicáronse unha serie de medidas e investimentos en cada unha estas instalacións co fin
de facilitar a práctica deportiva dos usuarios, creando e mantendo unha infraestrutura deportiva
adecuada, tales como:
Construir arquetas e instalación de drenaxes para evacuación de augas pluviais no aparcadoiro traseiro do pavillón Coto Ferreiro.
Instalar novo marcador en pavillón Coto Ferreiro (convenio S.X para o deporte)
Pintar muros e tabiques en exterior e interior o pavillón Manuel Coto Ferreiro.
Colocar mobiliario urbano (bancos e papeleiras) no entorno do pavillón Manuel Coto Ferreiro, campos de fútbol e pistas de tenis.
Colocar novas canastras de teito no pavillón Coto Ferreiro (convenio FEGABA)
Colocar varanda perimetral e cambiar tarima palco TV+soldar reixas perimetrais terreo de xogo+soldar e pintar piares entrada principal no pavillón Coto Ferreiro.
Colocar mostrador novo na cantina no pavillón Coto Ferreiro.
Acondicionar accesos e cepillar superficie de xogo nas pistas de tenis municipais.
PLAN MELLORA INFRAESTRUCTURAS DEPORTIVAS.
CONCELLO DA ESTRADA.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.









































