Entrega de diplomas dun curso de carretilla elevadora

Hoxe celebrouse no recinto municipal de Guimarei da Estrada a entrega de diplomas dun curso
de carretilla elevadora. Este curso foi organizado pola Asociación Amicos e nel colaborou
tamén o Concello da Estrada.
Un total de 8 persoas con discapacidade beneficiáronse desta formación para obter a
habilitación no manexo da carretilla elevadora con normativa UNE e así incrementar as súas
posibilidades de inserción no mercados laboral. O curso, dun total de 10 horas, realizouse
entre mércores e xoves en horario de mañá.
Ata o acto de peche e entrega de diplomas desplazáronse en representación de Amicos:
Miguel Beiro (responsable da área emprego/empresas), Rosa Agrelo (Técnica de emprego) e
Pablo Penide (Técnico de desenvolvemento de persoas/empresas e persoa de referencia da
Asociación na zona). E por parte do Concello da Estrada: Óscar Durán (Concelleiro de
promoción económica, comercio e emprego).
Con este tipo de iniciativas, Amicos pretende dar apoio directo a persoas con discapacidade
que teñan máis dificultades para acceder ao mercado laboral. Un mercado laboral que cada día
se mostra máis complexo e esixente.
Dende a Asociacion Amicos queremos facer un chamamento para que o tecido empresarial da
zona que necesite incorporar persoas e enriquecer as suas plantillas se involucren con nós
neste proxecto. Poden porse en contacto a través do teléfonos 981 865 716 ou 674 073 048.
Tamén enviando un correo electrónico a pablo.penide@amicos.org.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta