Xosé Lueiro e Sara Valcárcel presentan no Teatro Principal ‘O ladrón de paraugas’

O Teatro Principal estradense acolleu a presentación do álbum ilustrado ‘O ladrón de paraugas’,
escrito por Xosé Lueiro e ilustrado por Sara Valcárcel.
Publicado pola editorial Galaxia, esta obra é un libro para nenos e nenas maiores de tres anos que narra
a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento.
Para dar resposta a este misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido á empuñadura dun paraugas.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta