XI MILLA SAN SILVESTRE ESTRADENSE

 

1.- INFORMACIÓN XERAL
Data: venres 31 de Decembro de 2021.
Hora: a partir das 17 horas.
Lugar: Praza do Concello de A Estrada
Distancia: de 200m a 1.609 m. aprox
Organiza: AEstradaDeporte-Concello da Estrada
2.- CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIOS APROXIMADOS
BABY SILVESTRE: Pitufos, prebenxamin e benxamin (nados no 2011 e posteriores)- 200
metros – 17:00h. A saída e a meta situarase na Rúa Seráfin Pazo.
SENIOR SILVESTRE: Alevin ata senior(nados no 2010 e anteriores)- 1 milla (1609 m) – 17:30h.
A saída situaranse na praza do Concello e a meta na Rúa Calvo Sotelo.
3.- INSCRICIÓN S
 Inscrición: Ata o martes 28 de Decembro de 2021 as 23:59 horas (a organización
resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo). A inscrición é gratuita, pero hai
que tramitala de xeito obrigatorio.
 Onde: No enlace: https://eventos.emesports.es/inscripcion/xi-milla-san-silvestre-estradense/
inscripcion_datos/
 Facendo constar: Nome – Apelidos – Data nacemento – nº de teléfono – correo electrónico
 NON PODERÁ PARTICIPAR NA PROBA NINGUÉN QUE NON TEÑA TRAMITADA A
SUA INSCRICIÓN PREVIAMENTE NA WEB https://emesports.es/eventos
 A ORGANIZACIÓN PODERÁ SUSPENDER A PROBA DEPENDENDO DA SITUACIÓN
SANITARIA, E DEBERÁ DE FACELO PÚBLICO POLOS CANAIS QUE CONSIDERE
OPORTUNOS (PRENSA, RRSS, EMISORA MUNICIPAL, …)
 DE SUSPENDERSE A PROBA, A COMIDA NON PERECEDEIRA RECOLLIDA
ENTREGARASE A CÁRITAS E AQUELES QUE NON RECOLLERAN O SEU DORSAL
PODERÁN RETIRAR A SÚA CAMISETA A PARTIR DO DÍA 3 DE XANEIRO.
4.- RETIRADA DE DORSAIS
A retirada de dorsais farase a cambio dun quilo de comida non perecedeira que se destinará
a Cáritas Parroquial, dentro da Operación quilo de Nadal. Ca retirada do dorsal cada participante
recibirá como agasallo a camiseta conmemorativa da proba.
Un participante poderá recoller dorsais de terceiros,sempre e cando este autorizado polos
mesmos.
Co fin de non crear aglomeracións, únicamente se poderán retirar os dorsais nos horarios
que se detallan a continuación:
 Mércores día 29/12: Na oficina de AEstradaDeporte no 4º andar do Concello de 9 a 14
horas e de 16 a 18 horas.
 Xoves día 30/12: Na oficina de AEstradaDeporte no 4º andar do concello en horario de 9 a
14 horas e de 16 a 18 horas.
 Venres día 31/12: Na oficina de AEstradaDeporte no 4º andar do concello en horario de 10
a 13 horas.
5.- P ROTOCOL O
A saída da proba BABY SILVESTRE farase en caixóns de 25 corredores/as. Na proba
SENIOR SILVESTRE farase en caixóns de 50 corredores/as e cunha separación de 20 segundos
entre eles.
Nas duas probas, os/as participantes deberán de levar a mascarilla en todo momento,
sendo obrigatorio estar con ela posta o rematar a proba ou no caso de abandoar a mesma.
Non poderá participar na proba ningún/ha deportista que non porte o seu dorsal, aínda que
tramitara a sua inscrición en tempo e forma.
Non haberá ningún tipo de avituallamento líquido o rematar a proba, nin a tradicional
chocolatada que era característica desta proba.
A entrega de medallas a cada participante na proba BABY SILVESTRE, realizarase en man
unha vez cheguen a meta.
Aqueles participantes que así o desexen poden ir disfrazados. Haberá trofeos para o disfraz
máis orixinal tanto en categoría individual como de parella co mesmo disfraz ou a mesma temática.
Estes trofeos entregaranse o rematar a carreira.
O día 3 de xaneiro realizarase o sorteo dos agasallos que serán 5 cestas de Nadal.
Sortearanse polo número de dorsal, comúnicándollo os gañadores e deberán de recollerse no
departamento de deportes no 4º andar do Concello. DE SUSPENDERSE A PROBA O SORTEO
REALIZARASE IGUALMENTE ENTRE AQUELES PARTICIPANTES QUE RETIRARAN O SEU
DORSAL.
O tratarse dunha PROBA DE CARÁCTER LÚDICO NON COMPETITIVO, a organización,
fai un chamamento a responsabilidade dos/as participantes no cumprimento do protocolo desta
proba.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta