Na mañá de hoxe o concelleiro de cultura Juán constenla presenta unha estrea teatral, pero desta volta a alegría e dobre xa que acollemos non só unha estrea teatral senón a estrea teatral dun amigo.
Santi Cortegoso é un colaborador asiduo da Escola Municipal de Artes Escénicas, e a súa empresa teatral Ibuprofeno que xestiona xunto a Marián e Fátima, ten a súa base de operacións no noso Concello. Así que, a efectos xurídicos e sentimentais, pódese dicir que é un estradense máis.
Tamén é unha alegría para nós, ver en escena a obra que gañou no ano 2013 o premio Varela Buxán, que organiza a Fundación Cultural da Estrada. Un Varela Buxán que vimos de entregar este ano a José Luis Baños de Cos e no que Santiago Cortegoso exerce coma presidente do xurado.
Será este, un evento que servirá como avance da programación cultural que presentaremos a mediados de febreiro e que contará con eventos, tanto en materia teatral coma musical, de frande relevancia.
A estrea de Ibuprofeno terá lugar o vindeiro venres día 4 ás 21.00 h, cunha segunda función o sábado ás 20.30 h. As entradas poderán retirarse a partir deste vindeiro luns no departamento de Cultura do Concello da Estrada a un prezo de 5,00€.
Nada máis. Antes de darlle paso ao verdadeiro protagonista do evento para que vos fale máis polo miúdo da obra; quero animar á veciñanza a asistir a unha das que serán as grandes estreas da tempada teatral en Galicia.







































