Cen estradenses poderán asistir como público á
gravación dun novo programa da TVG na Estrada

 O concelleiro de Eventos, Gonzalo Louzao, anunciou esta
mañá que a Televisión de Galicia (TVG) agasallou ao Concello da Estrada con 100
invitacións para asistir como público á gravación do programa especial “Tanxuverbena”,
que terá lugar este xoves 28 de abril na praia fluvial de A Praíña, en Couso, en
agradecemento pola colaboración do Concello coas tarefas de producción do evento.
O programa contará coas actuacións de Tanxugueiras, Xoana, Grande Amore, Boyanka
Kostova, Familia Caamagno, La Quinkillada, Rozalén e Andrés Suárez. Aqueles
estradenses que estean interesados en asistir como público á gravación, poderán recoller
de balde como máximo dúas invitacións por persoa no Departamento de Cultura do
Concello da Estrada a partir de mañá.
As persoas que conten con invitación deberán entrar no recinto habilitado para a
gravación do programa este xoves 28 de abril entre as 19.30 e as 20.30 horas, e terán
que permanecer no interior ate o remate da gravación, que se estima que finalice ao
redor das 1.30 horas da madrugada. Durante a celebración do evento haberá un
operativo de seguridade coordinado por Emerxencias da Estrada, Policía Local e a Garda
Civil de Tráfico, e só se poderá aparcar nas zonas habilitadas.
O edil de Eventos quixo “agradecer á TVG a confianza de achegarse á Estrada e contar
coa veciñanza estradense para realizar un programa pensado para ese día tan especial”,
xa que se emitirá en horario de máxima audiencia o Día das Letras Galegas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta