O alcalde da Estrada reclama ao Goberno central
melloras na N-640 para reducir a sinistralidade

Solicítalle á Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra información detallada
sobre o estado actual do proxecto de construción da variante da Estrada

O alcalde da Estrada, José López, remitiu un escrito á
Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, dependente do Ministerio de Transportes,
Mobilidade e Axenda Urbana, reclamando “medidas inmediatas” para reducir a
sinistralidade e mellorar a seguridade vial na estrada N-640 ao paso pola vila e polas
parroquias que atravesa.
López lembra que xa lle comunicou en numerosas ocasións ao Goberno central a
perigrosidade desta estrada que atravesa o municipio e resaltou que “ao ser de
titularidade estatal, o Concello non pode actuar sobre ela”. Ademais, incidiu no recente
atropelo dunha menor rexistrado no lugar de Ponteliñares para incidir en que trátase
“dun dos puntos nos que se producen sinistros de maior gravidade”.
Segundo o rexedor, a principal solución que contribuiría a reducir o risco de accidentes
tanto de peóns coma de vehículos sería a construción da variante da N-640, xa que
evitaría o paso dunha cifra considerable de vehículos a través de núcleos de poboación e
facilitaría o transporte de mercadorías, mellorando a seguridade vial.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta