O concelleiro de Eventos, Gonzalo Louzao, anunciou esta
mañá que as malas previsións meteorolóxicas para a xornada do venres 24 de xuño
conlevarán o cambio de ubicación de varias das actividades previstas durante ese día co
gallo das festas patronais do San Paio, co obxectivo de “evitar calquera cancelación e
manter toda a programación”.
Deste xeito, manteranse todos os eventos programados durante o venres e non haberá
modificacións nos horarios. O concerto do grupo de acordeóns Os Lóstregos e Marietta,
previsto nos xardíns municipais ás 12.30 horas, celebrarase no Teatro Principal; e a
exhibición da escola de baile Sondodance, prevista inicialmente nos xardíns municipais,
mudarase para o pavillón Manuel Coto Ferreiro.
En caso de choiva, ás anteriores modificacións sumaríase o cambio do pregón a cargo de
David Amor e da actuación do grupo Treixadura, que pasarían a celebrarse no Teatro
Principal; e as actividades infantís previstas na Praza do Mercado pasarían a ter lugar o
luns 27 de xuño ás 12.00 horas. O resto da programación manteríase sen cambios.
Louzao tamén asegurou que se manterán todas as actividades previstas para a noite de
San Xoán: a sardiñada de balde -que contará con carpa-, o tradicional lumeiro e o
concerto de Baiuca na Praza do Concello.
Varias actividades do San Paio previstas para o 24
mudarán de ubicación ante a previsión de choiva
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































