O goberno local vén de rematar os traballos de
renovación do alumeamento público en 25 parroquias estradenses grazas á instalación
de máis de 8.000 luminarias LED.
Concretamente, no que vai de ano xa se executaron prácticamente a totalidade dos
traballos nas parroquias de Ouzande, A Somoza, Tabeirós, Nigoi, Arca, Souto, Codeseda,
Guimerei, Lagartóns, Callobre, Cereixo, Vinseiro, Parada, Rivela, Liripio, Sabucedo, San
Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Remesar, Agar, Rubín, Lamas, Pardemarín,
Olives e Curantes.
O alcalde da Estrada, José López, asegurou que os traballos “avanzan a moi bo ritmo, coa
metade do proxecto prácticamente executada”, o que permitirá cumprir coas previsións
do goberno local e finalizar estas actuacións antes do remate deste ano.
Na actualidade, as actuacións atópanse na cuarta fase e só quedarían dúas por executar.
Dentro da cuarta fase estase a cambiar o alumeamento das parroquias de Berres, Riobó
e Arnois e, ao mesmo tempo, esatase a comezar coa instalación das novas luminarias nas
igrexas. Dende que comezaron os traballos, ademáis das máis de 8.000 luminarias LED
instaladas, que permitirán reducir o consumo enerxético ata un 70%, mudáronse 900
postes de madeira e colocáronse un centenar de cadros eléctricos.
O proxecto, que supón un investimento de 6,5 millóns de euros, prevé a instalación de
12.500 puntos de luz en total e permitirá restablecer luminarias que foran eliminadas no
seu día en zonas do rural pouco iluminadas, unha vez remate o cambio das luminarias xa
existentes.
O goberno local completa a renovación do
alumeamento público en 25 parroquias estradenses
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































