O Concello abrirá mañá o prazo para inscribirse
nas clases de musicoterapia para maiores

O Concello da Estrada manterá aberto dende mañá e
ata o vindeiro 9 de setembro o prazo de inscrición no terceiro trimestre da actividade de
musicoterapia para maiores, que se desenvolverá no Novo Mercado dende o 20 de
setembro ata o 20 de decembro.
A actividade celebrarase os martes e ofrecerá 60 prazas en total, divididas en vintenas en
cada unha das seguintes quendas: de 16.15 a 17.00 horas; de 17.15 a 18.00 horas; e de
18.15 a 19.00 horas.
Aquelas persoas que desexen beneficiarse desta actividade deberán estar empadroadas
na Estrada e ser maiores de 60 anos de idade. No caso de presentar unha discapacidade
igual ou superior ao 33%, abondará con estar empadroado/a no municipio.
O prezo da inscrición será de 15 euros. Os/as interesados/as poderán presentar as súas
solicitudes de xeito presencial, no Departamento de Servizos Sociais do Concello en
horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada. As
solicitudes serán revisadas respectando a súa orde de presentación no Rexistro Xeral do
Concello.
Na páxina web do Concello da Estrada haberá un modelo de solicitude a disposición da
veciñanza que deberá presentarse cuberto e ir acompañado, se é o caso, do certificado
de discapacidade

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.