As oficinas de turismo da Estrada rexistran o seu
mellor mes de agosto tras recibir 1382 visitantes

o A Oficina de Turismo da Casa das Letras e o Punto de Información Turística do Pazo
de Oca atenderon 2544 turistas durante todo o verán
o A maioría dos visitantes chegaron desde Madrid, Cataluña e Andalucía atraídos
pola cultura, a gastronomía, a natureza e o Pazo de Oca

. O Departamento de Turismo, que dirixe Óscar Rancaño,
fixo público esta mañá que a Oficina de Turismo ubicada na Casa das Letras e mais o
Punto de Información Turística emprazado no aparcadoiro do Pazo de Oca acadaron o
seu mellor mes de agosto dende que existen rexistros logo de atender 1382 visitantes, o
que supón un incremento de 120 persoas con respecto ao mesmo mes do 2021.
O edil de Turismo celebrou “uns datos extraordinariamente bos, que amosan o interese
que espertan os atractivos da Estrada xa non só dentro das nosas fronteiras, senón en
todo o mundo”.
A Oficina de Turismo da Casa das Letras recibiu 142 turistas en agosto, máis do doble ca
os atendidos no mesmo período do ano anterior. A maioría dos visitantes chegados ata a
oficina foron madrileños (19), seguidos de cataláns (17) e, en terceiro lugar, galegos (16).
Seguíronlle os procedentes de Andalucía, Comunidade Valenciana e o País Vasco. Fóra
das nosas fronteiras, chegaron turistas principalmente desde Francia e Arxentina.
A meirande parte dos/as visitantes afirmaron visitar A Estrada atraídos pola súa oferta
cultural, pola súa natureza a través das rutas de sendeirismo ou de espazos naturais como
as fervenzas ou as praias fluviais do municipio, pola gastronomía ou o Pazo de Oca.
O atractivo do “Versalles galego” reflexouse un mes máis nos datos rexistrados no Punto
de Información Turística ubicado no seu aparcadoiro. Durante todo o mes de agosto
recibiu un total de 1240 visitantes, 40 máis ca os que se rexistraron no 2021. A maioría
deles chegaron desde diferentes puntos de Galicia, Madrid, Cataluña, Andalucía e a
Comunidade Valenciana. En canto aos visitantes europeos, procederon principalmente
de Francia e, en menor medida, de Italia, Alemaña e Portugal, aos que se lle sumaron
outros turistas chegados dende Arxentina, EEUU, México e Venezuela.

En canto aos datos de todo o verán, o Departamento de Turismo anunciou que durante
os meses de xullo e agosto pasaron polas dúas oficinas estradenses 2544 turistas na
procura de información. Gran parte deles escolleron os aloxamentos rurais estradenses
para descansar durante a súa estancia. Tamén se aloxaron en concellos próximos á
Estrada como Silleda, Boqueixón ou Vila de Cruces, e outros moitos escolleron Santiago
de Compostela ou zonas das Rías Baixas.
A partir do 1 de setembro só permanece aberta a Oficina de Turismo da Casa das Letras,
que ofrecerá os seus servizos ata o vindeiro 30 de outubro co seguinte horario: de martes
a venres, de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas; sábados de 9.00 a 13.30 e de 16.30
a 20.30 horas; e domingos de 11.00 a 13.30 horas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.