O Concello da Estrada organiza un obradoiro
gratuíto de marcha nórdica o 10 de setembro

O Concello da Estrada organizará o sábado 10 de
setembro unha xornada gratuíta de marcha nórdica, que terá lugar no campo de fútbol
7, situado na zona deportiva estradense, co obxectivo de achegar este deporte á
cidadanía.
A xornada desenvolverase de 10.00 a 13.00 horas e estará dividida en tres partes: en
primeiro lugar, haberá unha parte teórica na que se lle entregará aos participantes o
material necesario e aprenderán conceptos sobre este deporte coma a súa orixe ou os
seus beneficios; logo, haberá unha parte práctica na que empregarán o material e
aprenderán a técnica; e finalmente realizarán unha pequena ruta de baixa dificultade
pola zona deportiva da Estrada co obxectivo de que poidan poñer en práctica o
aprendido. Os/as participantes deberán acudir con roupa e calzado cómodos.
O obradoiro será impartido por Nacho García, licenciado en Ciencias da Actividade Física
e do Deporte pola Universidade de Vigo, seleccionador do equipo galego de marcha
nórdica, subcampión autonómico e instrutor deste deporte desde o ano 2015.
Aquelas persoas interesadas en participar poderán inscribirse de balde ata o vindeiro día
9 de setembro, a través do enderezo electrónico sanidadeeturismo@aestrada.gal ou no
teléfono 986 67 77 02.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.