ROTEIRO DRAMATIZADO POLO BERRES DOS VALLADARES

Tras o roteiro organizado o ano pasado para festexar o bicentenario do escritor Marcial Valladares, este ano daráselle continuidade a esta cita cunha nova entrega que terá a novidade de estar dramatizada. Comezará coa visita á igrexa de Berres onde actuará a Coral Polifónica de Berres, acompañada por unha ofrenda floral posterior no cemiterio onde están enterrados os dous escritores. Posteriormente, a comitiva dirixirase á aldea de Vilancosta onde se celebrará unha sesión de contacontos a cargo dos actores Toño Pena e Chelo do Rejo. Finalizará o roteiro no Areal cunha recitación a cargo do barqueiro da Ulla, interpretado polo actor Gonzalo Valcárcel, e un concerto con pezas dos irmáns Valladares interpretadas polos músicos Rubén Servide, Pablo Bernárdez e Cibrán Seixo. 
 
O roteiro terá lugar o sábado 22 de outubro entre as 11.30h e 13.30 h. A asistencia será de balde, previa inscrición no departamento de Cultura do Concello. Habilitaranse 25 prazas para o dito roteiro. No caso de choiva, a organización valorará un posible cambio de data.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.