A escritora Ledicia Costas protagoniza este venres unha charla literaria na Estrada

Este vindeiro venres ás 20.30h, no Teatro Principal, terá lugar unha
nova edición do parladoiro das Letras coa presenza da escritora
Ledicia Costas. Un acto que moderará Pablo Chicas e que
contará coa colaboración do programa O recuncho da lingua de
Radio Estrada e de distintos centros educativos do municipio.
Ledicia Costas é unha das autoras máis recoñecidas e traducidas
da literatura galega. Nos últimos años recibiu importantes
recoñecementos, como o Premio Merlín de literatura infantil, pola
súa obra Escarlatina, a cociñeira cadáver. Por ese mesmo libro, o
Ministerio de Cultura concedeulle o Premio Nacional de Literatura
Infantil y Juvenil no ano 2015. No ano 2019, con Infamia, Ledicia
estréase no xénero de novela para adultos. Este sería o libro máis
lido nos clubs de lectura de Galicia na ESO durante o curso 2019-
2020.
Todos aquelas persoas que queiran asistir a esta charla literaria,
terán que recoller un convite no departamento de Cultura ou en
dependencias do Teatro Principal media hora antes do comezo do
acto. A entrada será reducida e contará cunha sinatura de libros ao
remate da charla.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.