Como xa ocorreu o ano pasado, este mes que remata co Día Internacional contra a Violencia
contra as Mulleres, o Concello de Cultura, en colaboración co Centro de Información ás
Mulleres (CIM), programou unha xeira de eventos onde a muller e a perspectiva de xénero
adquiren gran protagonismo. Un ciclo que vén a amosar o compromiso deste Concello na loita
contra a violencia de xénero e na concienciación social que demanda un problema que afecta á
toda a sociedade no conxunto.
Benquerer(se) do dúo Aldaolado
DÍA /HORA: Venres 4 de novembro (20.30h) / Teatro Principal
XÉNERO: Recital humorístico-poético
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN:60 min
LINGUA: Galego
ENTRADA: Libre ata completar as 60 butacas dispoñibles.
SINOPSE: Aldaolado son Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas galegas de consolidada
carreira que, en 2005, decidiron unir os seus nomes —que utilizan as mesmas letras, como se
de permutacións dun mesmo ser poético se tratase— e unir tamén os seus esforzos creativos
para dar lugar a esta proposta tan singular. Aldaolado fala do patriarcado, do feminismo, da
discriminación de xénero, do concepto de amor romántico, do amor a unha mesma e de todos
aqueles temas cos que van tropezando no seu camiño cara ao apoderamento.
Crónica dunha heterosexual insatisfeita / Verdeveras E.A. (en
coprodución co CDG)
DÍA: Venres 11 de novembro / Teatro Principal
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro comedia
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5,00€ (retirada anticipada no Dpto.Cultura)
SINOPSE: Unha muller absolutamente común, desas que saben que non aparecerán xamais
en ningún libro de historia, descobre case por accidente que se está a facer vella, e que se non
muda algunha cousa vai morrer conxelada. Decide entón, concretar unha das súas fantasías e
convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento.
Esta será en principio, a reconstrución dunha viaxe cara a dentro. Unha muller que se
transforma, como a eiruga que despois dun tempo no seu casulo renace bolboreta e bota a
voar, espléndida, por primeira vez. Crónica dunha heterosexual insatisfeita é unha peza para rir,
para reflexionar e para gozar da vida e do teatro!!
O idioma da tinta / Yolanda Castaño e Isaac Garabatos
DÍA: Venres 18 de novembro / Teatro Principal
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto recital
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 50 min
ENTRADA: 5,00€ (retirada anticipada no Dpto.Cultura)
SINOPSE: Un dos músicos máis versátiles e activos do panorama actual pon música a un dos
rostros máis populares da poesía galega. A poesía de Yolanda Castaño encontra nas
composicións de Isaac Garabatos o mellor dos acompañamentos, capaz de conectar con
propios e estraños a través dun concerto ameno, de alta calidade artística e cargado de
emocións. Un xeito de que a mellor poesía contemporánea de Galicia chegue a un público máis
alto.







































