O adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández,
protagonizará o vindeiro xoves 17 de novembro, ás 20.30 horas no Teatro Principal da
Estrada, a quinta entrega do ciclo de “Parladoiros” organizados con motivo do 75
aniversario do Principal.
O evento xirará arredor da figura do adestrador e intentará ofrecerlle ao público unha
visión diferente do protagonista, con declaracións inéditas e anécdotas da súa biografía.
A encargada de conducir o Parladoiro será a xornalista Marga Pazos que, ademais de
repasar a vida persoal e profesional de Moncho Fernández, terá en conta as aportacións
do público ao longo do encontro.
Moncho Fernández ten unha longa vinculación ao Concello da Estrada, xa que durante
anos exerceu de adestrador do equipo local EDM Baloncesto, onde deixou unha fonda
pegada que aínda se lembra no club.
Desde a presentación deste novo formato no mes de marzo, cada un dos “Parladoiros”
que se celebraron na Estrada conseguiu acadar un grande éxito entre o público con
invitados como Roberto Vilar, Miguel Anxo Bastos, Antón Losada, Guadi Galego ou Xosé
A. Touriñán.
Esther Estévez, do #DígochoEu, pechará o ciclo en decembro
O de Moncho Fernández será o penúltimo Parladoiro que acollerá o Teatro Principal da
Estrada. O ciclo chegará á súa fin no mes de decembro coa última entrega, que terá como
protagonista a presentadora do espazo “Dígocho Eu” da Televisión de Galicia, Esther
Estévez.
Aquelas persoas que desexen asistir deberán retirar a súa invitación de balde no
Departamento de Cultura do Concello da Estrada.
O adestrador Moncho Fernández protagonizará o día
17 o quinto dos “Parladoiros” no Teatro Principal
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.