Este vindeiro luns comezaranse a despachar os convites para o concerto de Milladoiro no Teatro Principal

O vindeiro luns día 14 de outubro comezaranse a despachar no
departamento de Cultura do Concello da Estrada os convites para
o concerto que a mítica agrupación folk Milladoiro ofrecerá no
Teatro Principal o venres 25 de novembro ás 21.00h

Vintetrés anos despois de que Milladoiro inaugurase o Teatro
Principal un 13 de maio do ano 1999, a mítica agrupación volve
para celebrar o 75.o aniversario da súa reapertura. Será un concerto
cheo de emotividade, onde Milladoiro presentará o seu novo disco
“Cantigas de amigos”. Este disco vén ser unha pequena selección
daquelas voces amigas que pasaron pola vida de Milladoiro cunha
selección de cancións perfectas para refrescar a memoria e as
lembranzas dos máis de corenta anos de vida desta emblemática
formación.

O concerto, organizado polo Concello da Estrada e patrocinado
pola Consellería de Cultura vén pechar a programación especial
que este ano o Concello presentou con motivo do aniversario do
Teatro Principal.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.