Esta fin de semana o Judo será o protagonista no pavillón Manuel
Coto Ferreiro da Estrada que acollerá, o domingo 5 de Marzo, o
Campionato Galego Escolar por primeira vez neste concello, no que
participarán 363 deportistas e 113 técnicos.
Xornada de mañá, que comenzará ás 11:30, será a quenda da
categoría Cadete:
➔ 186 deportistas ( 122M / 64F)
➔ 31 clubs galegos competirán buscando a súa praza no podio e a
clasificación para o Campionato de España Escolar.
➔ 53 adestradores acompañarán aos xoves deportistas no evento
mais importante a nivel autonómico da tempada.
Xornada de tarde pelexarán polo mesmo obxectivo @s
deportistas da categoría infantil:
➔ 167 (111M / 56F) é o número de promesas do judo autonómico
que se dará cita no municipal na xornada de tarde
➔ 32 clubs de toda Galicia
➔ 60 técnicos.
A Federación Galega de Judo despregará 4 tatamis de competición na
pista central onde se desenvolverá competición.
A colaboración entre Federación e Concello da Estrada, continuará
este curso cun stage Pre Mundial entre os días 2 e 6 de abril na
mesma instalación.
CAMPIONATO GALEGO DE JUDO
INFANTIL E CADETE 2023
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































