MARZO
MULTIPERSPECTIVAS
Paula Quintas
DÍA: Venres 3 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Danza contemporánea
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 40 min
ENTRADA (reducida): 5,00 (retirada anticipada no Dpto.Cultura a partir do luns 27 de
febreiro)
SINOPSE: Multiperspectivas#2 é un espectáculo para espazos non convencionais ou
espazos convencionais que permitan o tránsito do público no escenario, un espectáculo
no que se mestura a palabra a través da improvisación teatral, o circo a través do traba-
llo de funambulismo, a danza contemporánea, a intervención espacial e o público que
participa na peza. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para
enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea.
PABLO MEIXE
Quen aguanta isto?
DÍA: Sábado 4 de marzo
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Monólogo cómico
CATALOGACIÓN: +12 anos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5.00€ (retirada en Ataquilla.com ou o Dpto. Cultura)
SINOPSE: Este monólogo non deixa indiferente a ninguén porque foi creado para em-
patizar con todas aquelas situacións que nos suceden acotío e que rematan por superar-
nos. Experiencias cotiás coma tratar con cativos, mercar no supermercado ou simple-
mente convivir con compañeiros/as de piso son a temática deste espectáculo, que conse-
guirá xerar complicidade con calquera que o presencie.
SILVIA PENIDE
Parladoiro musical
DÍA: Xoves 9 de marzo
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Entrevista + concerto
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: Convite (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: A autora coruñesa, con 7 discos ás súas costas, celebra o seu vixésimo ani-
versario na música cun parladoiro no que falará sobre a súa traxectoria no eido musical
ao tempo que interpretará algunha das súas cancións máis coñecidas. Gañou dúas veces
o premio Martín Códax da música galega e ten colaborado con artistas coma Xoel Ló-
pez, Víctor Manuel ou Javier Álvarez.
LOS CHIKY ́S
En concerto
DÍA: Sábado 11 de marzo
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música dos anos 60-70
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 70 min
ENTRADA: Convite (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: A emblemática banda estradense volve ao Teatro Principal para facer un
percorrido polos clásicos dos anos 60. O concerto renderá homenaxe a un dos fundado-
res da banda: Miguel Silva Romero. Un concerto cheo de nostalxia que fará as delicias
dos moitos siareiros que ten a agrupación na vila.
VOX POPULI (nec mea vox)
Malasombra Producións
DÍA: Venres 17 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Musical
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 95 min
ENTRADA: 5,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Vox populi é un espectáculo de gran formato. Unha ópera rock con música
e letras orixinais, interpretada en directo por doce actrices, actores e músicos. A monta-
xe fala da auxe da ultra dereita en todo o mundo na época actual. Toca unha gran canti-
dade de temas relacionados con este fenómeno, tales como a inmigración, as liberdades
e os dereitos sociais.
JOSÉ CORBACHO
Ante todo mucha calma
DÍA: Sábado 18 de marzo
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Monólogo cómico
CATALOGACIÓN: +16
DURACIÓN: 80 min
ENTRADA: 10,00 (recollida Dpto. Cultura ou)
SINOPSE: Este é un monólgo no que Corbacho se ri de todo, pero, basicamente… de
si mesmo! E tamén dos seus pais, da súa muller, do seu fillo, do seu can, e… dos seus
principios. Principios que por certo van cambiando en cada función. Posto a rirse, rise
ata dos espectadores que van velo, pero sobre todo o que pretende é que os que máis
rían sexan eles. Porque está a cousa como para deixar de rirse.
IGLOO EN CONCERTO
DÍA: Venres 24 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto pop-rock
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 5,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Despois duns meses gravando o seu oitavo disco, Igloo saca o seu novo tra-
ballo discográfico, producido polo compositor e guitarrista de Vetusta Morla. Juanma
Latorre. No concerto do Principal poderán escoitarse as cancións máis emblemáticas
dos dezaseis anos de carreira desta agrupación comandada por Beni Ferreiro.
FESTIVAL MÚSICA NO CAMIÑO
DÍA: Sábado 25 de marzo
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto de acordeóns
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 10,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Despois do éxito do ano pasado, o Festival de acordeóns volve cun abano
de artistas de auténtico luxo: María Jesús y su acordeón, Os Lóstregos, Escola Munici-
pal de Acordeóns das Pontes, Marietta e Airiños da Porta Falsa de Manzaneda. O evento
estará presentado por Noelia Rodríguez.
ABRIL
MAXIA EN FAMILIA
LUIS BOYANO
DÍA: Sábado 1 de abril
HORA: 18.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Maxia
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Público familiar
ENTRADA: 5,00€ (recollida previa no departamento de Cultura)
SINOPSE: O Premio nacional de maxia e Premio mundial na especialidade de menta-
lismo, Luis Boyano, chega ao Teatro Principal despois de ter triunfado na grella televi-
siva ao lado de Antonio Lobato no programa Desafía tu mente. Maxia participativa, hu-
mor e efectos sorprendentes son algúns dos ingredientes de un dos mellores magos do
panorama nacional. Un espectáculo para gozar en familia.
MARILAR ALEIXANDRE
Parladoiro literario
DÍA: Xoves 13 de abril
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Entrevista
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: Convite (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Recentemente galardoada coma Premio Nacional de Narrativa 2022 pola
obra As malas mulleres, Marilar Aleixandre é unha das voces narrativas máis premiadas
e significadas da literatura galega contemporánea. O parladoiro abordará a súa traxecto-
ria coma escritora, rematando cunha sinatura de libros.
LA MEJOR OBRA DE LA HISTORIA
SPASMO TEATRO
DÍA: Sábado 15 de abril
HORA: 18.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia xestual
DURACIÓN: 55 min
CATALOGACIÓN: Infantil +5 anos
ENTRADA: 3,00€ (recollida previa no departamento de Cultura)
SINOPSE: De novo sen palabras e co humor coma instrumento para chegar a toda a
familia, Spasmo amósanos nesta comedia as obras de arte máis relevantes da historia.
Un espectáculo visual e futurista polo seu formato dixital que nos recorda ás aplica-
cións móbiles destinado aos máis cativos. Neste museo virtual combínanse artes escéni-
cas e plásticas cun gran componente didáctico.
SUSANA SEIVANE
Parladoiro musical
DÍA: Xoves 20 de abril
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Entrevista + concerto
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: Convite (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Herdeira dunha prestixiosa estirpe de gaiteiros, Susana Seivane é, sen lugar
a dúbidas, un dos grandes referentes da música tradicional galega no mundo. Neste par-
ladoiro fará un repaso pola súa traxectoria profesional, ademais de interpretar varias pe-
zas do seu amplo repertorio musical.
AS QUE LIMPAN
A PANADARÍA TEATRO
DÍA: Venres 21 de abril
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Adultos
ENTRADA: 5,00€ (recollida previa no departamento de Cultura)
SINOPSE: Un cartel pendurado do manubrio dunha porta. “Por favor, arranxe o cuar-
to”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son as
que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. Esta
é unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por
conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos
propietarios das cadeas hoteleiras.
POL 3.14 EN CONCERTO
DÍA: Venres 28 de abril
HORA: 21.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto pop-rock
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 10,00 (recollida Dpto. Cultura ou wegow.com)
SINOPSE: Joaquín Polvorinos, que dá nome á banda madrileña Pol 3.14, achegará ao
Teatro Principal as cancións do seu novo álbum, ao tempo que fará un repaso polos
grandes éxitos da súa longa discografía. Temas como Lo que no ves, Jóvenes eterna-
mente, No time ou La Terminal poderán escoitarse neste concerto realizado en formato
trío.
COLECTIVO GOVO
TABÚ
DÍA: Sábado 29 de abril
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Danza contemporánea
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Tabú conta a historia que hai detrás dunha imaxe en branco e negro, perten-
cente ao Aquivo Municipal de Allariz, onde 12 mulleres aparecen ataviadas co uniforme
futbolístico posando en formación. O espectáculo realiza un mergullo nas curiosidades
destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.
MAIO
LUIS PIEDRAHITA
Es mi palabra contra la mía
DÍA: Venres 5 de maio
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Monólogo cómico
CATALOGACIÓN: +16
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 10,00 (recollida Dpto. Cultura ou ataquilla.com)
SINOPSE: Este é un monólogo cheo de inxenio e tenrura no que Luis Piedrahita ana-
liza os aspectos máis absurdos do cotián para descubrir que ninguén está contento coa
vida que lle tocou en sorte. Profundas reflexións e improvisacións meticulosamente en-
saiadas que chegan á mesma conclusión: só o humor nos fai a vida soportable.
LEONARDO E OS BIOSBARDOS
A XANELA DO MAXÍN
DÍA: Sábado 6 de maio
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro de monicreques
CATALOGACIÓN: +5 anos
DURACIÓN: 50 min
ENTRADA: 3,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar
as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte dela. Entre-
tanto debe tamén coidar de pecharlle ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer
misteriosamente e é que na súa granxa outro drama se está a cocer… os raposos teñen
atemorizados aos habitantes do galiñeiro cos temibles Biosbardos.
INMA LÓPEZ SILVA
Parladoiro literario
DÍA: Xoves 11 de maio
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Entrevista
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: Convite (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Inma López Silva é unha das autoras e críticas teatrais máis importantes do
sistema literario galego. Galardoada con prestixiosos premios como o Xerais de novela
ou o Blanco Amor, Inma falaranos no Parladoiro sobre o libro que está a piques de saír
do prelo, e sobre outros temas da vida editorial e literaria galega.
MAESTRISSIMO (PAGAGNINI 2)
PRODUCCIONES YLLANA
DÍA: Venres 12 de maio
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia xestual
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 55 min
ENTRADA: 10,00€ (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Maestrissimo é un impresionante espectáculo «allegro e molto vivace» a
metade de camiño entre o concierto de cámara, a comedia satírica e o retrato de época,
no que se amosan, ao máis puro estilo Yllana, as aventuras e desventuras dun cuarteto
de cordas nun período indeterminado entre os séculos XVII e XVIII (Barroco e Neocla-
sicismo).
TRISCUS BELISCUS
RILO E PENADIQUE
DÍA: Sábado 13 de maio
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro de monicreques
CATALOGACIÓN: 0-3 anos
DURACIÓN: 35 min
ENTRADA: 3,00 (recollida Dpto. Cultura)
SINOPSE: Triscus beliscus é un espectáculo-taller de narración oral e música parra a
familia, a cargo da narradora e educadora Vera Rilo e a música de Sonsoles Penadi-
que. Os máis peques da casa poderán cantar, xogar e bailar con Xan, con Pedro, co can,
co gato e o rato ata caer de cu polo buraco.







































