A Estrada reafirma a súa aposta polasostibilidade co gran éxito doservizo do coche carsharing

 A iniciativa, posta en marcha no mes de febreiro, rexistrou máis de
8.500Km percorridos, permitindo deste xeito unha notable redución nas
emisións de CO2.
 O automóbil eléctrico, integrado no PLAN VIVE de Hyunday, recibiu 240
reservas, e 109 usuarios rexistráronse na aplicación móbil do servizo.

O Concello da Estrada presentou hoxe os
datos recadados da iniciativa PLAN VIVE, a través da cal Hyupersa cedeu un
vehículo eléctrico, modelo Hyunday Kona, ao Concello para o emprego da
veciñanza empadroada no municipio.
Nos dous meses que leva de funcionamento este servizo, fíxose patente o seu
éxito entre a poboación estradense, pois rexistráronse un total de 240 reservas,
109 usuarios rexistrados na app do servizo e unha bagaxe de 8.562
quilómetros percorridos, cunha media de 35,67 por cada desprazamento.
Ao abeiro destes datos, analizados no día de hoxe polo alcalde, José López, e
Víctor Louzao, axente de Hyundai para A Estrada, evidénciase a boa acollida
do automóbil, instalado na avenida Benito Vigo, nas inmediacións da casa
consistorial.
Deste xeito, a través do seu emprego promóvese unha maior sostibilidade ao
reducirse considerablemente as emisións de gases de invernadoiro,
consolidando o emprego do coche compartido.
As persoas empadroadas na Estrada que desexen seguir facendo emprego
deste servizo poderán facelo de balde durante os tres primeiros meses e
posteriormente aplicarase unha tarifa de 5 euros por hora durante as catro
primeiras horas, e en adiante aplicarase unha tarifa plana, cunha cota máxima
de 20 euros ao día.
As reservas faranse a través da aplicación Vive Hyundai, e con elas os
usuarios poderán desprazarse durante un máximo de 24 horas nun radio de
170 quilómetros.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.