O PSOE da Estrada anunciou o número 3 da súa candidatura
para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Trátase de Román
Suárez Porto, de 33 anos nado na parroquia de Lamas e residente no casco
urbano.
Román é enxeñeiro técnico industrial (especialidade en mecánica) e
enxeñeiro industrial (especialidade organización). Desempeñou a súa
actividade profesional durante 4 anos na empresa privada e nos últimos 6
anos é empregado na Administración Xeral do Estado na Escala de Titulados
de Escuelas Técnicas de Grado Medio de Organismos Autónomos do Ministerio
de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A súa actividade profesional desenvólvese na provincia de Pontevedra e
realiza colaboraciòns a nivel nacional, europeo e con organizacións
internacionais.
Preséntase na lista do PSOE para “sacar A Estrada da deriva estétuica dos
últimos anos para convertila nunha rexión próspera onde haxa traballo para
a xente nova, evitando a marcha dos que están chamados a ser o futuro do
noso pobo”.
López Bueno dixo estar contento co regreso de Román, que se tivera que ir
da Estrada por motivos profesionais. O líder socialista manifestou que “é un
exemplo perfecto do que pasa no noso concello. A falta de oportunidades
laborais fai que a xente teña que ir fóra. No caso de Román houbo sorte,
puido regresar, pero que desgraciadamente non é o caso máis común”.
ROMÁN SUÁREZ SERÁ O NÚMERO 3 DA CANDIDATURA DO PSOE
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































