JUAN CARLOS GONZÁLEZ BARCIA REPETIRÁ O NÚMERO 5 DACANDIDATURA SOCIALISTA

Belén Louzao, Patricia Carracedo e Luis Rendo ocuparán as últimas posicións da
lista. López Bueno agradeceulles o seu traballo durante estes anos e considéraos
activos imprescindibles do PSOE da Estrada.
Luis López Bueno continúa desvelando os integrantes da candidatura do PSOE
para as eleccións municipais. O voceiro anunciou que Juan Carlos González Barcia
repetirá posto.
Juan Carlos é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, funcionario de
Hacienda na Estrada e forma parte do equipo actual do Grupo Municipal Socialista.
Reside no casco urbano.
Manifestou que nos últimos 4 anos só se ven melloras estéticas na vila, mentres que
as parroquias continúan no olvido e os problemas reais e estratéxicos para A
Estrada continúan sen atender. “Estamos moito peor que hai 4 anos, sen solo
industrial, cun descenso de poboación preocupante e con 8 millóns de euros de
débeda municipal”.
López Bueno tamén avanzou que Patricia Carracedo, Belén Louzao e Luis Rendo
ocuparán os postos 18, 20 e 21 da candidatura. Agradeceulles o seu traballo nos
últimos anos e recoñece que sen eles sería imposible encarar estas eleccións
dende a posición de líderes indiscutidos da oposición. “Fomos líderes da oposición
non só por ter máis concelleiros, se non porque o grupo funcionou unido e
marcamos a axenda política co traballo dos nosos concelleiros e concelleiras”.
López Bueno manifestou que Patricia, Belén e Rendo seguirán participando
activamente na vida do partido, seguirán traballando da man dos veciños e veciñas
e considéraos activos imprescindibles do PSOE da Estrada.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.