A Estrada estase convertendo nun referente a nivel autonómico e nacional na programación de competicións deportivas como a deste fin de semana, na que o pavillón Coto Ferreiro acollerá un novo evento autonómico, o Campionato Galego de Latinos.
O alcalde estradense, Xosé López, agradeceu o esforzo de todas esas persoas que traballan de maneira altruísta para traer á Estrada este tipo de eventos, para os cales sempre teñen a súa disposición a gran variedade de instalacións deportivas do concello.
“A Estrada ten neste momento 36 clubs federados en 29 disciplinas deportivas diferentes, con preto de 2000 nenos e nenas competindo oficialmente”, recalcaba o alcalde, obtendo como resultado achegar o deporte aos máis cativos e a organización de torneos cada vez máis importantes no Concello de A Estrada.
A décimo novena edición do certame de danza congregará o vindeiro 14
de maio a máis de 300 deportistas no pavillón Manuel Coto Ferreiro.
O Trofeo SondoDance de baile deportivo regresará ao Concello da Estrada o
vindeiro 14 de maio logo de non celebrarse no municipio desde o comezo da
pandemia.
A sala de xuntas da casa consistorial acolleu esta mañá a presentación do
campionato de danza, o cal congregará no pavillón Manuel Coto Ferreiro a
máis de 300 deportistas para tomar parte na edición con maior participación de
todas as celebradas ata o momento en Galicia.
A competición, puntuable para o ránking nacional, contará tamén cunha nutrida
participación de bailaríns chegados desde distintos puntos da Península, como
a Comunidade Valenciana, Madrid ou Estremadura.
Na súa intervención no acto de presentación, o alcalde, José López, sinalou a
importancia de “retomar un dos grandes eventos da danza autonómica e
nacional, consolidando deste xeito A Estrada como un núcleo neurálxico do
deporte galego”. Pola súa parte, Juan Carlos Romero, de SondoDance, incidiu
na relevancia “de acoller un evento destas dimensións, dándolle un espazo a
unha manifestación deportiva e artística que como vemos coa participación
desta edición, conta cun gran número de practicantes”.
—