A Estrada dará o salto á ximnasia de trampolín o vindeiro 27 de maio

  • Hoxe tivo lugar a presentación do Campionato Galego de Ximnasia de Trampolín que participaron o edil de deportes, Ismael Pena, o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez Feijoo, e Sofía Mosteiro, do Club de Ximnasia da Estrada.

 

  • Preto de 200 deportistas das categorías base e élite daranse cita no pavillón Coto Ferreiro.

O pavillón Coto Ferreiro da Estrada será escenario o vindeiro sábado, 27 de maio do Campionato Galego de Ximnasia de Trampolín.

Esta mañá tivo lugar a presentación da competición nun evento no que participou o edil de Deportes, Ismael Pena, o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez Feijóo, e Sofía Mosteiro en representación do Club de Ximnasia da Estrada.

Ao redor de 200 deportistas daranse cita no evento que dará comezo ás 09:00 horas coas competicións base e elite de tumbling e dobre minitramp.

Pola tarde, a partir das 16.00 horas, desputaranse as probas de trampolín, tamén en categorías elite e base, nas  modalidades individual e sincro.

O concelleiro de deportes, Ismael Pena, animou á xente a “ir ao pavillón para gozar deste deporte ao seu nivel máis alto e deste xeito darlle visibilidade a unha disciplina na que Galicia destaca notablemente”.

Pola súa parte, o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez Feijóo, puxo en valor  “a fantástica predisposición que novamente nos demostrou o Concello da Estrada para acoller este tipo de eventos”.

Sofía Mosteiro, na mesma liña que o concelleiro de Deportes, destacou “o altísimo nivel da ximnasia de trampolín autonómica, facendo deste evento unha oportunidade única para gozar dunha das modalidades máis espectaculares da ximnasia”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.