Impartiranse os cursos O teu día a día en liña, con seguridade,
dirixido ao público maior e os Obradoiros Girl STEAM, para
mocidade de 8 a 15 anos.
As inscricións para ambas actividades poden realizarse a través da web
na web https://cemit.xunta.gal/, ademais tamén se ofrecerá máis
información presencialmente nas oficinas de AEstradaDixital ou no
teléfono 986 570 997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.
A aula CeMIT da Estrada programa para este
verán dous obradoiros formativos dirixidos tanto ao público xuvenil como a
persoas maiores.
A primeira destas iniciativas serán os cursos ‘O teu día a día en liña, con
seguridade’, nos que a partir do 23 de xuño se formará de xeito fácil e práctico
sobre os principais retos aos que estamos expostos no día a día no contexto da
ciberseguridade e como afrontalos.
Dita formación, dirixida principalmente a persoas maiores, terá un total de
quince prazas e impartirase de xeito presencial nas instalacións de
AEstradaDixital a través de sesións cunha duración aproximada de unha hora e
medianas que se abordarán os principais métodos de ciberestafa.
Pola súa parte, os obradoiros ‘Girl Steam’, organizados xunto ao Colexio
Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia, buscarán formar á
mocidade nos estudos STEAM coa finalidade de promover o talento e e
espertar vocacións tecnocientíficas.
O formato será presencial a través de dous obradoiros feitos por grupos de
idade, un primeiro de 8 a 11 anos e outro de 12 a 15 anos, con 3 horas de
obradoiro para cada grupo.
O primeiro grupo recibirá a súa formación o día 20 de xullo e o segundo faráo
un día máis tarde, o venres 21 de xullo. Ambos serán de 10.00 a 13.00 horas
nas instalacións de AEstradaDixital.
O primeiro terá terá como produto final unha peza audiovisual en formato stop
Motion, mentres que no segundo a mocidade aprenderá a programar sensores
con Arduino para construír, por grupos, un proxecto sobre unha prenda textil
que reaccione a cambios de distancia, luz ou inclinación.
As persoas interesadas en participar en calquera destas iniciativas poderán
inscribirse a través da web https://cemit.xunta.gal/. A maiores, as persoas que
desexen obter máis información poden acudir presenciualmente ás oficinas de
AEstradaDixital sitas na Avda Benito Vigo no 94 Baixo, ou a través do teléfono
986 570 997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.






































