O Concello da Estrada, a través do Servizo de
Orientación Laboral da Concellería de Promoción Económica, Comercio e
Emprego comunicou a súa adhesión á Plataforma para a Saúde Mental e a
Empregabilidade Xuvenil da Fundación Santa María la Real.
A través disto, búscase xerar un espazo de traballo en rede con outras
entidades no que mellorar os efectos que ten o desemprego na saúde mental e
benestar emocional da poboación nova. Con iso, trátase de evitar a aparición
de problemas psíquicos debidos á falta de emprego ou á precariedade laboral
en persoas de entre 16 e 35 anos mediante accións dirixidas ao benestar
emocional e á saúde mental.
Polo tanto, ofrécese aos mozos e mozas desta franxa de idade un espazo en
liña e gratuíto no que recibirán acompañamento de persoas especializadas en
saúde mental participando en sesións grupais, webinars, recursos e outros
recursos formativos.
As persoas interesadas poderán inscribirse a través da páxina web
https://plataformasaludmental.es/.
A Estrada súmase á Plataforma para aSaúde Mental e a EmpregabilidadeXuvenil da Fundación Santa María la Real
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































