Todas as solicitudes presentadas en tempo e forma foron admitidas en
todas as quendas solicitadas por cada participante.
Os participantes deberán de realizar o pagamento antes do comezo
da actividade, de xeito presencial ou telemático a través da conta
ES78 0081 2208 2300 0101 2603 indicando no concepto nome e
apelidos do participante e quenda de asistencia.
Un total de 299 rapaces e rapazas
participarán na décimo cuarta edición do Campus Deportivo Concello da
Estrada na que será a edición máis concorrida desta iniciativa desde a súa
posta en marcha.
O Concello informa que todas as solicitudes presentadas en tempo e forma
foron correctamente admitidas dentro das quendas seleccionadas por cada
participante.
Polo tanto, as persoas participantes no XIV Campus Deportivo de Verán
deberán de realizar o pagamento antes do comezo da actividade, de xeito
presencial ou de xeito telemático a través do número de conta ES78 0081 2208
2300 0101 2603, indicando no concepto da transferencia nome e apelidos do
participante e quenda de asistencia.
O xustificante do pagamento deberá de entregarse ao coordinador/a do XIV
Campus Deportivo de Verán o primeiro día da actividade no punto de chegada
e recollida, que estará habilitado nas piscinas municipais.







































