As oficinas de Turismo da Estrada
rexistraron durante o pasado mes de xullo un total de 922 visitantes, cunha
maioritaria presenza de turistas nacionais.
A punto informativo habilitado no Pazo de Oca foi o máis concorrido,
rexistrando un total de 754 turistas, dos cales o 80% procedían do ámbito
nacional e o 20% restante do estranxeiro, con predominancia de visitantes
franceses, italianos e portugueses. Ademais, durante este período, a oficina do
Pazo de Oca tamén atendeu a público estadounidense, arxentino e
colombiano, entre outras nacionalidades.
Pola súa parte, a oficina turística da Casa das Letras acadou unhas cifras de
168 visitantes dos cales o 79% foron procedentes doutras comunidades
autónomas, o 12% do ámbito autonómico e o 3% chegaron desde outros
países.
Dos visitantes nacionais, a meirande parte chegaron desde a Comunidade de
Madrid (66%), seguido de Aragón e Estremadura (6,5% cada unha), e con
presenza tamén de turistas chegados de Cataluña, Murcia, Castela e León,
Valencia, Andalucía e Baleares.
O público galego chegou principalmente da Coruña e da Estrada (78%), así
como de outros núcleos do sur autonómico como Vigo, Allariz, Pontevedra e
Redondela.
Pola súa parte, Francia e Portugal foron os países de procedencia do turismo
internacional que fixo emprego do punto de atención turística da Casa das
Letras.
As oficinas de turismo da Estradarexistraron 922 visitantes durante o pasado mes de Xullo
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































