A iniciativa, xestionada polo IES Antón Losada coa colaboración do
Concello está dirixida a persoas maiores de 55 anos.
O prazo para inscribirse estará en vigor ata o vindeiro 1 de setembro.
Estrada abre mañá o prazo para
inscribirse no curso de capacitación dixital para persoas maiores de 55 anos.
A formación desenvolverase durante o mes de setembro no IES Antón Losada,
centro responsable da mesma xunto coa colaboración do Concello da Estrada.
En total impartiranse 30 horas a través de sesións que terán lugar en horario de
tarde e nas que o alumnado se repartirá en 4 grupos de 15 ou 16 persoas cada
un.
O prazo para anotarse na actividade estará aberto ata o vindeiro 1 de setembro
e as persoas interesadas poderán recoller e entregar as súas solicitudes de
xeito presencial no Concello.







































