O prazo de inscrición estará en vigor desde o día 11 ata o 22 de
setembro de 2023 a través da sede electrónica ou no departamento de
Servizos Sociais.
O Concello da Estrada abrirá o prazo de
inscrición para a terceira quenda da actividade de piscina para persoas
maiores, co propósito de que o maior número de veciños e veciñas poidan
beneficiarse desta iniciativa por un prezo de 20 euros.
Todas as persoas empadroadas no municipio que sexan maiores de 50 anos
ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán presentar a
súa solicitude a través da sede electrónica do Concello da Estrada ou de xeito
presencial no departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00
horas.
Os horarios das sesión son os seguintes:
• Luns, de 9:15 a 10:00 horas.
• Luns, de 16:30 a 17:15 horas.
• Luns, de 19.30 a 20.15 horas.
• Mércores, de 09:15 a 10:00 horas.
• Venres, de 09:00 a 09:45 horas.
• Venres, de 09:45 a 10:30 horas.
Cada sesión contará cun mínimo de sete alumnos e alumnas, e para garantir o
correcto desenvolvemento da actividade e seguridade dos participantes,
limitarase o número máximo a doce persoas e un mínimo de sete.
Á hora de tramitar a solicitude, que estará publicada na propia páxina web do
Concello da Estrada, non se deberá acompañar ningunha documentación, coa
excepción do certificado de discapacidade, se fose o caso.