O vindeiro luns comezaranse adespachar as entradas dos espectáculos que LEO BASSI e RafaelÁlvarez “EL BRUJO” ofrecerán noTeatro Principal da Estrada

O Concello da Estrada erguerá o pano da
programación cultural de outono 2023 con dous dos artistas máis relevantes da
escena nacional e internacional. Dous artistas que reinvindican o riso coma
unha ferramenta de reflexión social e o acto teatral coma un acto de
catarse colectiva.
O venres 6 de outubro ás 21.00h, Leo Bassi volverá ao Teatro Principal da
vila co espectáculo 70+. Nel, o artista italiano celebrará co público o seu 70
aniversario, amosando máis enerxía ca nunca e mantendo presente o seu
desexo de provocar para emocionar o auditorio.
Pola súa banda, o venres 27 de outubro ás 21.00h, o actor e dramaturgo
español Rafael Álvarez “El Brujo” amosará, dende a comicidade, a
andamiaxe secreta que vertebra a súa traxectoria artística. Un espectáculo na
que o actor parte dunha premisa esencial: gozar e facer gozar ao público.
As entradas poderán mercarse a partir deste vindeiro luns 11 de setembro na
plataforma ataquilla.com ou de forma presencial no departamento de Cultura
do Concello da Estrada.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.