O vindeiro luns 18, ás 20.30 horas, na escola unitaria de Santo André de Vea, organizaremos unha reunión informativa sobre o parque eólico de Xesteira, que afecta ás parroquias de Frades, Santa Mariña e Santo André de Vea. A esta reunión informativa asistirán a deputada Montse Prado e o deputado Luís Bará, que darán conta das iniciativas que presentaron para frear parques eólicos similares, como o de Castro Valente ou o do Campo das Rosas, entre outros.
Presentaremos alegacións
No BNG estamos a preparar un documento con alegacións contra este parque eólico, situado a pouco máis de catro quilómetros do parque de Castro Valente, xa autorizado pola Xunta. O documento de alegacións que daremos a coñecer ao longo desta semana, poñerémolo a disposición dos veciños ve veciñas das parroquias afectadas, así como do noso concello, para, entre todos e todas, frear esta nova agresión o noso medio rural.
Reunión informativa contra o parque eólico de Xesteiras
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.