A Estrada acollerá o vindeiro 15 desetembro a VII andaina solidaria co Alzheimer

 A saída, organizada por AGADEA Alzheimer, terá como punto de
partida e de chegada a praza do Novo Mercado.
 O prazo de inscrición manterase aberto ata o propio día do evento ás
18:30 horas.

O Concello da Estrada formará o vindeiro
venres, 15 de setembro, unha gran marea verde na VII andaina solidaria co
Alzhéimer, organizada pola Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con
Alzhéimer (AGADEA).
A xornada foi presentada esta mañá na Sala de Xuntas do concello estradense.
No acto participaron a concelleira de Servizos Socias, Amalia Goldar, a
coordinadora do centro de día de persoas maiores municipal, Sonia Castro, e a
presidenta de AGADEA, Isabel Gey.
A saída constará dun itinerario circular de dificultade media-baixa que partirá ás
19:00 horas da praza do Novo Mercado para regresar ao mesmo lugar. A
chegada estará amenizada por un grupo de música e haberá un photocall no
que sacar as mellores imaxes dunha xornada que promete diversión e
solidariedade para todas as persoas asistentes.
Todas as persoas interesadas en participar poderán anotarse a través da
páxina web www.adadea.org ata o propio día do acto, o venres 15 de
setembro, media hora antes de que dea comezo.
Cada inscrición, que inclúe a entrega dunha camiseta, o seguro e o
avituallamento, terá un prezo de 5 euros para persoas adultas e será
completamente gratuíta para os nenos e nenas menores de 12 anos de idade.
O obxectivo da iniciativa, celebrada con motivo do Mes do Alzhéimer, é formar
unha gran marea verde con toda a veciñanza para concienciar sobre esta
doenza. Por iso, a edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, convidou a
“participar e gozar dunha xornada de gran importancia polo seu carácter
solidario e que promete diversión e desfrute para todos os asistentes”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.