Tequexetéldere iniciou, esta semana, unha serie de concertos didácticos que terán lugar en todos os centros de ensino primario do concello.
As primeiras sesións leváronse a cabo no CEIP Pérez Viondi, Figueiroa e Vea. O vindeiro martes, 19 de setembro, será a quenda de Codeseda e Lourdes e o mércores, día 20, rematarase en Oca e Foxo.
O concerto corre a cargo do profesorado de instrumento das escolas da Estrada, Suso Vaamonde e Xián Herrera e nel ensínanse e explícanse instrumentos como a requinta, gaitas, zanfona, percusión, acordeón e pandeireta.
Teñen unha duración de 50 minutos e o alumnado participa con eles en diversas pezas, ou ben cantando ou seguindo o ritmo coas palmas e pés.
O prazo de matrícula das escolas remata o domingo, día 17 de setembro, contando xa con cerca de 150 matriculados desde os 3 anos, e as aulas darán lugar a primeira semana de outubro