Logo da concesión da licencia, hoxe tivo lugar a sinatura da acta de
replanteo previa ao inmediato inicio das obras na Baiuca, que terán
un prazo de execución de 11 meses.
No acto estivo presente o alcalde, José López Campos, xunto co
vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da
Xunta de Galicia, Diego Calvo.
A intervención, valorada nun importe de 2.283.520 euros máis IVE,
suporá a unificación dos dous órganos xudiciais existentes na
actualidade nun único inmoble.
O novo edificio xudicial da Estrada está
cada vez máis preto de converterse unha realidade logo da sinatura da acta de
replanteo previa ao inminente comezo das obras para a edificación do inmoble,
as cales terán un prazo de execución de once meses.
A intervención, dotada cun orzamento de 2.283.250 euros, máis IVE, foi licitada
pola Xunta de Galicia no pasado mes de maio e permitirá dispor dunha
superficie útil de 1.445 metros cadrados que contará con dúas salas de vistas,
decanato, sala de videoconferencias e de informática, sala de atención ás
vítimas, rexistro civil, despacho e sala de espera para o Instituto de Medicina
Legal de Galicia, despacho para a Fiscalía e unha área para os profesionais da
avogacía e procuradores.
Deste xeito, a través desta histórica actuación, adecuada á futura Lei de
Eficiencia Organizativa e acorde ao cumprimento do Plan de Xustiza de 2030
promóvese un maior aproveitamento das funcionalidades da edificación e
unhas mellores condicións de accesibilidade e sustentabilidade.
A Baiuca segue a aumentar a súa oferta de edificios de servizo público
Coa edificación deste novo inmoble a zona da Baiuca consolídase como un dos
núcleos dos servizos públicos tanto no ámbito municipal como comarcal,
sumándose o novo edificio xudicial ao centro de saúde, unha instalación de
referencia no panorama nacional galardoada por seis ocasión co distintivo Best
in Class como o mellor centro de saúde de Atención Primaria de España, e a
escola infantil ‘A Baiuca’ que este ano volveu completar inscricións, sendo un
dos centros referentes na ensinanza local.





































