A praza da Feira foi recoñecida poloCOAG como “intervención exemplare respectuosa co medio ambiente”

 Esta tarde, con motivo do Día Mundial da Arquitectura, tivo lugar un
acto no que se realizou unha visita guiada polo enclave e a súa
contorna, no que participaron representantes colexiais,
autoridades, colexiados e persoas interesadas en coñecer a obra
de humanización.
 A intervención xa fora recoñecida polo COAG co distintivo Gran de
Area de Aportación á Arquitectura 2022, e pola Deputación de
Pontevedra coa ‘Distinción Ágora’ en recoñecemento ao seu bo
exemplo de rexeneración urbana.

A delegación de Pontevedra do Colexio de
Arquitectos de Galicia escolleu a praza da Feira da Estrada e a súa contorna
como o enclave para celebrar a conmemoración do Día Mundial da
Arquitectura.
A xornada consistiu nunha visita guiada pola praza da Feira e a súa contorna,
un espazo reformado de xeito integral entre outubro de 2021 e xuño de 2022,
que foi galardoado tanto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co
premio ‘Gran de Area’ como pola administración provincial coa ‘Distinción
Ágora’.
No evento participaron o alcalde do Concello da Estrada, José López e o edil
de Urbanismo, Gonzalo Louzao, e demais concelleiros da corporación
municipal xunto co decano do COAG, Luciano Alfaya; a directora xeral de
Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; o deputado
provincial, Jorge Cubela, o director da Axencia de Protección da Legalidade
Urbanística, Jacobo Hortas García; ademais do vogal do COAG e responsable
da comisión de Cultura, Luis Gil Pita; o presidente provincial do COAG,
Anselmo Villanueva, e os autores da intervención, do estudo RVR.
O proxecto, executado principalmente a través de fondos europeos logo da
consecución dos mesmos por parte do goberno local, supuxo a creación de
zonas de actividade, a plantación de corenta árbores e a instalación de
mobiliario urbano, entre outras actuacións, coa finalidade de transformar este
espazo e a súa contorna nunha área máis a sostible e accesible para a
cidadanía.

Desta forma, a intervención potenciou o lugar como espazo de relación,
interacción económica e social, de tradicións, de arquitectura e de ordenación
do territorio, recuperando o espazo público para a cidadanía, enlazando os
principais polos da vila nun ámbito urbano de uso preferente para o peón,
xerando espazos de relación social nunha contorna urbana máis humana e
sostible dende o punto de vista ambiental.
Ademais da visita guiada tamén se celebrou unha conferencia por conta de
RVR Arquitectos, estudo responsable do proxecto, leuse un manifesto e
descubriuse unha placa conmemorativa no lugar.

GALERÍA DO DÍA DA ARQUITECTURA:

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.