A nova canle de difusión cultural porWhatsapp suma máis de 900 seguidores nasúa primeira semana en funcionamento

● Un total de 941 usuarios xa fan emprego desta nova vía para estar
ao día de todas as novidades de índole cultural do Concello da
Estrada.

A nova canle de difusión cultural por
whatsapp, posta en marcha pola área de Cultura do Concello da Estrada, suma
na súa primeira semana un total de 941 seguidores.
Esta nova vía comunicativa, que complementa á lista de difusión municipal, ten
por finalidade achegarlle á veciñanza, e a todas as persoas que desexen facer
emprego da mesma, as principais novidades en materia cultural, así como os
eventos lúdicos e festivos que teñan lugar no municipio.
Na actualidade, o Concello ten en marcha a súa programación cultural de
outono, con espectáculos semanais de diversa índole para todos os públicos.
Ademais, co gallo da conmemoración o vindeiro 25 de novembro do Día
Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller, o goberno local puxo en
marcha un ciclo integrado por numerosas actividades para visibilizar a
igualdade e a figura da muller na sociedade.
Desde a área de Cultura celebran “os fantásticos datos de participación da
cidadanía” e agardan que esta nova canle poida reforzar a difusión “da ampla
variedade de propostas coas que conta o Concello da Estrada”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.