A Deputación achega 45.000€ a medio centenarde clubs deportivos de Deza e Terra de Montesque compiten en ámbito inferior a estatal

Entidades de Lalín, Agolada, Dozón, Rodeiro, A Estrada, Silleda, Cerdedo-Cotobade e Vila
de Cruces recibirán estas axudas, que oscilan entre os 335 e os 2.499 euros

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar de xeito definitivo as achegas por case 45.000
euros para un total de 47 clubs deportivos das comarcas do Deza e Terra de Montes que compiten en
ámbito inferior a estatal e que están radicados en Lalín, A Estrada, Agolada, Silleda, Dozón, Rodeiro,
Cerdedo-Cotobade e Vila de Cruces. Con estas axudas, que van desde os 335 e os 2.499 euros, estas
entidades, que abranguen deportes como o fútbol, ciclismo, hípica, balonmán ou atletismo entre outros,
poden facer fronte a gastos federativos, de desprazamento, de persoal, sanitarios ou de material para
participar nestas competicións.
No concello de Lalín son 16 os clubs que recibirán estas achegas que suman un total de 15.356 euros: Club
Escudería Lalín Deza; Clube Sobre Rodas; Club de Tenis de Mesa de Lalín; Móvete na Moto; Vilatuxe Fútbol
Club; Club Deportivo Lalín; Club Deportivo Lalín; Club de Petanca Lalín; Club Balonmán Loriga; Club Ciclista
Montes de Deza-Candán-Faro-Testeiro; Escola de Xadrez Lalín; Club Roteiros de Lalín; Club Hípico Juan
Oliveira; GTR Galaico Trail Run; Asociación Club Deportivo Kung Tai; Club de Rugby Lalín e a Escola de
Fútbol Lalín.
Por outra banda, na Estrada son 14 as entidades beneficiadas polas axudas, cun investimento de 13.904€.
Trátase do Club de Tenis de Mesa RC A Estrada; Club de Atletismo Independente da Estrada; Escudería
Carracedo Competición; Escudería Estradense; Sincro Burbullas da Estrada; Club de Natación e Salvamento
da Estrada; Figueroa Estrada Pádel; Estrada Fútbol Sala Feminino; Club Ciclista Estradense; Club de Xadrez
A. C.; Club de Tenis Recreo Cultural; Club Ximnasia A Estrada; Club Bádminton e Club de Atletismo A
Estrada.
Cinco clubs de Vila de Cruces, en concreto a Sociedade de Caza Fontao, Sociedade de Cazadores Vila de
Cruces, Keltoi Cruces, Asociación Deportiva Kung Fu Zen e a Sociedade Deportiva Cruces tamén recibirán
achegas, que suman 5.535€. Outros catro clubs beneficiados están en Silleda e son o BTT Trasdeza; o Club
Petanca Bandeira; o Club de Fútbol Lamela e a SD Bandeira Club de Fútbol, que en total beneficiaranse de
3.992€.
Así mesmo, en Cerdedo-Cotobade hai tres clubs que recibirán achegas, que en conxunto suman 2.261€, o
Club Ciclista Cerdedo-Cotobade, o Tenorio Fútbol Sala e a Sociedade de Caza Deportiva O Coirego. En
Rodeiro, a Sociedade Caza e Pesca e o Balonmán Rodeiro suman 2.130€ en axudas e, no concello de
Agolada, son dúas as entidades beneficiadas cun total de 1.551€, a Sociedade de Caza Bertaña e a
Sociedade Deportiva Agolada. Por último, a Sociedade Caza e Pesca de Dozón recibirá 782€.
En total, son 620.000 euros os recursos mobilizados pola Deputación de Pontevedra para seguir a impulsar
o tecido deportivo da provincia. Desta contía, 575.000 euros diríxese a 480 clubs de 54 concellos da

provincia que participan en competicións de ámbito inferior ao estatal en deportes como fútbol, balonmán
ou baloncesto, ata ciclismo ou motociclismo, pesca deportiva, esgrima, bádminton, rugby, xadrez, ximnasia
rítmica, atletismo, tenis e tenis de mesa, natación, hípica, patinaxe, baile deportivo, padel, squash,
montañismo, karate, kung fu, loita, judo, taekwondo, caza, bolos, petanca, halterofilia, boxeo, hóckey,
pesca submarina ou esquí náutico. Pola súa banda 43.000 euros van dirixidos a 9 clubs de fútbol de 6
concellos que compiten no grupo Sur da liga Preferente de Galicia.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.