Luis López avanza o apoio da Deputación áconstrución dunha infraestrutura polideportivana Estrada valorada en dous millóns de euros

O presidente provincial asinou un convenio de colaboración, enmarcado no programa
PON2030, co alcalde Jose López que reafirma a aposta estratéxica polo deporte

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no seu despacho do Pazo
Provincial ao alcalde da Estrada, Jose López, para asinar un convenio de colaboración enmarcado no
Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030)
a través do cal o goberno provincial financiará cun millón de euros, o 50 % do orzamento, os traballos para
a construción dun módulo polideportivo cuberto para a práctica do atletismo e modalidades de loita. O
Concello, pola súa banda, achega o 50 % restante, outro millón de euros. Este acordo supón un novo
exemplo de colaboración entre o executivo provincial e, neste caso, o Concello da Estrada que reafirma a
aposta polo deporte como unha área estratéxica da acción do goberno da Deputación.
A obra, valorada nun total de dous millóns de euros, servirá para reforzar a área deportiva do municipio da
Estrada coa construción dunha nova infraestrutura polideportiva da que a provincia carecía. Trátase da
edificación dun módulo de tres plantas: semisótano, entreplanta e planta baixa; que albergará un recinto
para a práctica de deportes de combate como a loita, judo, taekwondo ou karate, así como un ximnasio no
andar máis baixo. Os vestiarios, cuartos de baños e instalacións eléctricas estarán no segundo nivel.
Mentres que na planta baixa instalarase a pista de atletismo cuberta así como un almacén con diverso
material deportivo. Esta construción servirá para conectar as novas pistas de atletismo ao aire libre coa
piscina da Axencia Galega de Seguridade Pública. Un proxecto millonario que consolida ao Concello de A
Estrada como referencia provincial en canto a instalacións deportivas e que abre á porta á organización de
competicións internacionais ou a acollida de concentracións preparatorias de deportistas profesionais no
municipio.
Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura
deste protocolo entre Deputación e Concello de Meis realízase coa modificación das bases do programa
PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións
doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa
reducido.
Un acordo entre a Deputación e o Concello da Estrada que, como recolle o Orzamento provincial do
próximo ano cun incremento dun 19 %, ata os 5,5 millóns da partida destinada a Deporte e o xa aprobado
Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas dotado con 4 millóns, confirma o carácter estratéxico

desta área de goberno. Ademais supón un novo exemplo de municipalismo ao colaborar co Concello para
executar unha obra que transforma e potencia a rede de instalacións deportivas no interior da provincia.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.